luns, 23 de abril de 2018
xoves, 19 de abril de 2018
APADRIÑAMENTO LECTOR
Estes días a biblioteca está que ferve, a todas horas está chea de grupiños de rapaces e rapazas, grandes e pequenos... Que será o que está a acontecer?, pois nada máis e nada menos que a organización dun novo "Apadriñamento Lector". Esta actividade celebrouse por primeira vez o curso pasado cun enorme éxito, razón pola que este ano decidimos ampliar a participación: reencóntranse os padriños e madriñas de 6º de EP cos seus afillados e afilladas de 5 anos e estrease o alumnado de 5º de EP apadriñando ao alumnado de 4 anos. Os primeiros pasos xa están dados:
- Presentación das parellas:
- Elección dos contos por parte dos padriños e madriñas:
- E agora a esperar que continúe o bo tempo para poder saír ao campiño, e gozar das lecturas ao aire libre!!!!
venres, 9 de marzo de 2018
Obradoiro de Poesía con Xoán Babarro
Hoxe visitou o centro Xoán Babarro e o alumnado de quinto e sexto gozou dunha xornada poética moi interesante, na que o autor falou da poesía, do seu significado e convidou a audiencia a facer preguntas e dar respostas en torno a poemas de Rosalía, Manuel María..., entre outros. Actividades aparentemente sinxelas pero non exentas de dificultade: resumir nunha palabra un poema para buscarlle o tema, facelo logo nunha oración para explicar unha situación son algúns exemplos de como podes captar a atención arredor dun poema breve. Tivemos tamén oportunidade de traballar sobre poemas da súa última publicación O baúl de Domingos Quintas libro de poemas que o alumnado xa coñecía. A rapazada ficou moi atenta á exposición e participou con ansia en toda a actividade facendo preguntas realmente inxeniosas ao autor que rematou case cunha entrevista colectiva do noso alumnado ao autor, inquedanzas variadas sobre o oficio de ser escritor...
xoves, 8 de marzo de 2018
Día Internacional da Muller
O Día Internacional da Muller conmemora a loita das mulleres pola súa participación en igualdade na sociedade. Segundo a ONU o 8 de marzo de 2018 é o momento para reflexionar sobre os avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.
Desde o noso centro e desde a propia biblioteca traballamos arreo para que a igualdade sexa unha realidade e non unha mera declaración de intencións.
Desde hai algún tempo na biblioteca temos unha selección de lecturas para dar a coñecer mulleres que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos enfrontándose ás moitas barreiras de xénero impostas e dar os primeiros pasos dunha longa andaina. O camiño andado é moito pero cómpre lembrar que en pleno século XXI vivimos situacións anacrónicas e, que en xornadas como a de hoxe tentamos visibilizar, facer patentes pero tamén darlle pulo ás inquedanzas de construír un futuro mellor e fuxir da abulia social fronte ás inxustizas. ¿Serán as nosas lectoras e lectores, mulleres e homes de futuro..., as últimas persoas que teñan que reivindicar dereitos tan obvios?
Etiquetas:
actividades biblioteca,
novidades,
valores
martes, 6 de marzo de 2018
Xoán Babarro Taller de Poesía
O próximo venres teremos unha visita moi especial Xoán Babarro virá a compartir coas rapazas e rapaces de 5º e 6º un día moi especial para todos nós ao contarmos cun home senlleiro das nosas letras que nos axudará a mergullarnos nelas a través dun Obradoiro de Poesía.
sábado, 24 de febreiro de 2018
NA LINGUA QUE EU FALO
Na lingua que eu falo
Najla Shami
Najla Shami canta a Rosalía Castro
Na lingua que elas falan, na lingua que falamos e que queremos seguir falando. Cancións dunha elegancia feliz. Músicas que son coma un tremor rosaliano. Actualización da poeta ao século XXI. E a voz de Najla Shami, desde a profundidade dun dicir e dun cantar ás veces delicado, ás veces profundo. Sempre suxestivo. "Na lingua que eu falo" é un agasallo para os corazóns. Cada canción, un latexo. Rosalía pentagramada en aires novos.
Etiquetas:
lecturas recomendadas,
lingua e literatura,
música,
tradición
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ETIQUETAS
actividades
(8)
actividades biblioteca
(41)
animacións
(3)
arte
(11)
autoras e autores
(12)
Bibliotecas
(7)
ciencia
(24)
cine
(6)
educación infantil
(2)
historia
(8)
ilustradores
(5)
Lectores autónomos
(4)
lecturas recomendadas
(20)
letras galegas
(2)
lingua e literatura
(42)
matemáticas
(4)
música
(14)
novidades
(11)
personaxes
(1)
pescadora de historias
(3)
prelectores
(5)
primeiro e segundo
(3)
primeiros lectores
(6)
produción propia
(2)
proxectos
(2)
quinto e sexto
(4)
revista escolar
(5)
terceiro e cuarto
(3)
tradición
(2)
valores
(14)
xogos
(9)
