10/12/2015

RECOMENDACIÓNS NADAL 2015/16




BO NADAL E FELIZ ANINOVO A TÓDOLOS SEGUIDORES DESTA BIBLIOTECA!

30/11/2015

CHULETEIRO DE FRACCIÓNS




Fraccións: conceptos básicos.

14/11/2015

EL VERBO. Mapa conceptual



EL GRUPO NOMINAL . Mapa conceptual



TUTORIAL: COMO PRESENTAR UN TRABALLO SOBRE UN LIBRO



https://lapizarraweb.wordpress.com/2012/01/10/como-presentar-un-trabajo-de-lectura-sobre-un-libro/

Preme sobre a imaxe poderás atopar a maneira de cómo  presentar un traballo sobre un libro que liches. 

14/06/2015

18/04/2015

25/03/2015

Proxecto: " A pintura en Ferrolterra". Visita do alumnado de 2º ciclo ao barrio de Canido.

No ano 2008 moitos artistas e pintores interpretaron nos muros e nas paredes das casas do barrio de Canido o cadro de Velázquez, "As Meninas", como protesta polo abandono que sufría esta parte da cidade. A iniciativa tivo moi boa acollida e, o que comenzou como unha iniciativa artística, leva trazas de se converter nun percorrido de interés turístico. Conjunto de Fichas creado con ExamTime por colesteiro

02/02/2015

Hoxe visitounos Marcos Calveiro

Hoxe recibimos a Marcos Calveir

o que nos veu falar sobre a súa novela
"Palabras de auga". 

 

 

 Participaron o alumnado de 5º e 6º de primaria. 

Marcos explícalles como creou o universo de Amadou, un neno de ficción que podería representar a calquera rapaz que vive na actualidade no centro de África. 
Díxolles que para fiar o argumento documentouse moitísimo, incluso estudou swahili, porque quería que a súa historia fose una crónica do que está a acontecer nesta parte de África: os nenos soldados; a loita durísima pola supervivenza; o negocio das minas de coltán…; e que , collendo de aquí e de acolá  xogos, costumes, etc.,  teceu esta realidade que, sen axustarse a nada, abrangue todo ese mundo de escravitude, de pobreza e miseria; dese mundo que existe para que nós teñamos este noso. 


O libro é unha auténtica marabilla. A linguaxe,  quzais un pouco complexa para estes nenos que ademais de pequenos non falan galego, pero traballámolo como lectura colectiva de aula e iso facilitou a comprensión.  
A todos lles fixo mella descubrir que aí abaixo, non moi lonxe da punta de Europa, existen realidades nunca imaxinadas. 
A mestura de galego e swahili tamén lles chamou moito a atención, foi coma un xogo de deducións e os xogos gústanlle moito á rapazada. 
Os saltos temporais servíronnos para introducilos nun modo de narrar ao que non están habituados e non foi tampouco este un escollo insuperable. 
Os temas: amizade, familia, loita pola supervivenza, escravitude… axudáronlles a ver máis alá do seu mundo. 
Hai libros que se len e se disfrutan no momento, pero "Palabras de agua" é un deses que se queda no corazón.

Grazas, Marcos, segue deleitándonos coas túas palabras. 


26/01/2015

Pablo Picasso




Documental sobre o Guernica



Visita esta páxina do museo Reina Sofía 






Visita esta páxina sobre o bombardeo de Guernica.
Visita esta páxina para coñecer moitos aspectos da vida e da obra do pintor.

Arquivo do blog