31/12/2011
18/12/2011
15/12/2011
08/12/2011
Traballando con Antón Cortizas.
Este romance feito polo alumnado de 5º de primaria é froito do traballo que levaron a cabo con Antón Cortizas o día das Bibliotecas Escolares.
Comenzouse, da man do autor, o día que este visitou as aulas. Despois foron os alumnos os que o remataron e llo enviaron para que fixese as correccións oportunas. Este foi o resultado final. Que disfrutedes con el!
“ROMANCE DE PAMPINELA”
Pampinela , Pampinela,
tantos tesouros gardaches
que non sabes onde os tés
que non sabes onde os tés
e por iso nada valen.
Un día triste de outono
follas caían no parque,
Pampinela, Pampinela
achegouse a un estanque
onde uns peixiños dourados
nadaban naquel instante.
Pampinela que miraba
cando o sol xa estaba en sangue,
veu que había outros ollos
que a miraban ao mirarse.
cando o sol xa estaba en sangue,
veu que había outros ollos
que a miraban ao mirarse.
Hai un mozo solitario
que a fixo namorarse.
“Os ollos da túa cara
máis cós diamantes valen”
dicíalle a Pampinela
aquel rapaz elegante,
pero non era sincero,
todo era falsidade:
El sabía das riquezas
que ela tiña en cantidade.
Pampinela , Pampinela,
Tantos tesouros gastaches
nese namorado teu
con agasallos constantes
que te quedaches sen branca
aquela tarde dun martes.
Martes e trece era o día
que triste e soa quedaches.
Pampinela, Pampinela,
e ti tan sequera o sabes:
Non se mercan os amores,
nin se merca a amizade.
Pampinela, Pampinela,
tantos tesouros gardaches,
Pampinela, Pampinela,
tantos tesouros gastaches.
5º de E.Primaria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Arquivo do blog
ETIQUETAS
actividades
(24)
actividades biblioteca
(137)
animacións
(15)
arte
(10)
artigos bolsas de tesouros
(14)
autoras e autores
(32)
Bibliotecas
(23)
ciencia
(32)
cine
(7)
club de lectura
(20)
día da Paz
(3)
día de Rosalía
(6)
divulgación
(17)
educación infantil
(29)
ENQUISAS
(1)
Guías da biblioteca
(6)
historia
(12)
igualdade
(16)
ilustradores
(7)
Lectores autónomos
(21)
lecturas recomendadas
(78)
letras galegas
(17)
lingua e literatura
(45)
matemáticas
(2)
música
(15)
novidades
(26)
novidades biblioteca
(12)
personaxes
(7)
pescadora de historias
(6)
prelectores
(21)
primeiro e segundo
(30)
primeiros lectores
(19)
produción propia
(13)
proxectos
(22)
quinto e sexto
(41)
RADIO
(1)
revista escolar
(9)
terceiro e cuarto
(27)
tradición
(13)
valores
(19)
xogos
(15)