01/12/2008

!TEATRO DE NADAL!

Noraboa para os actores do CEIP Gurriarán!!

CONTOS DE NADAL

LA NAVIDAD DE PAPÁ NOEL

17/11/2008

XOGANDO COAS PALABRAS.

DAMOS AS GRAZAZ A ANTONIO POR ARRANXARNOS TODO PARA PODER COLGAR ESTE XOGO!!

15/11/2008

AS RECEITAS

Estamos, neste trimestre, traballando conceptos sobre alimentación, boa saúde, e unha tipoloxía textual paralela ao tema: as receitas .
Recomendamos esta páxina para desenvolver todos estes contidós. Os nenos e nenas disfrutarán un montón escribindo as súas propias receitas e clasificando os alimentos nunha pirámide que lles dirá si están seguindo unha dieta saudable ou non. !Probade!, merece a pena.

06/11/2008

CANTIGAS DO PEÓN

O día 21 de novembro, no noso colexio, celebramos o día do peón cunha gran exhibición de nenos e nenas amosando as súas habilidades no manexo do peón. Os mellores reciben un diploma "Máster" que acredita a súa maestría.
Para este día, O Equipo de Normalización Lingüística, elaborou estas cantigas que recitaremos moi contentos!!!

CANTIGAS DO PEÓN DO CEIP "ESTEIRO"- FERROL

Polo San Martiño,
peóns ao camiño.
Polo San Amaro,
peóns ao faiado.

No colexio Esteiro,
xogamos ao peón,
no mes de Novembro
co noso director.

Bailámolo no chan,
bailámolo na man.
Con volta e reviravolta,
coa axuda da piola.

No noso museo
do xogo popular,
peóns de todo o mundo
podedes atopar.

Hainos grandes e pequenos,
de madeira e de cristal,
tanto uns coma os outros
non paran de bailar.

Viran e viran
e volven a virar,
durante o recreo,
non paran de bailar.

Durante o recreo,
nós veña a practicar,
co noso director
para o máster acadar.

Nós veña a practicar,
co noso director,
para non fallar
o día da exhibición.

Unha exhibición,
o día do peón,
unha iniciativa
do noso director.

Está moi interesado
o noso José Carlos
en facernos practicar
sen sentirnos cansos.

Agora é o peón,
despois, o prato chinés,
xogos populares
cada dous por tres.

E nós moi contentos,
co diabolo, zancos e demais,
todos xogos populares
tamén dos nosos pais.

Tamén dos nosos pais,
e máis dos nosos avós,
e esta tradición
chegou a todos nós.

E ímola conservar,
pois no colexio Esteiro,
practicamos arreo
o xogo popular.

E esta tradición
non se vai acabar.
Agora, xogamos ao peón,
e, despois, xa se verá.

Polo San Martiño,
peóns ao camiño.
Polo San Amaro,
nós seguimos xogando.

Non no camiño,
pero si no recreo,
bailamos o peón
todos os nenos.

¡Baila que te baila, baila,
o meu peón coa súa piola!
¡Baila que te baila, baila,
o meu peón na miña escola!

¡Baila na miña escola,
que che é o colexio Esteiro!
¡Baila que te baila, baila,
meu peón cantareiro!

26/10/2008

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP DE ESTEIRO

(Premer para escoitar a música)
O día 24 dos correntes, contra vento e marea, logramos inaugurar a nosa BE!!. O acto foi moi emotivo, sinxelo e familiar...e gustounos moito o resultado final.
Os nenos levaron á BE un corazón vermello cheo de cariños e desexos... e tamén recitaron poemas preciosos...
Espectacular foi a actuación de "Os chicos do coro" do IES Sofía Casanova, baixo a dirección da súa profesora de Música: Mª Dolores Sánchez...!NORABOA CON MAIÚSCULAS! porque fixeron que este acto teña para sempre "a súa banda sonora". !Felicidades e moitísimas gracias!!!
Entregáronse agasallos a tódalas persoas que nos axudaron a que este proxecto se fixera realidade : a Marisé , que fixo as cortinas; a Rosana, que nos deixou o seu proxecto para que non tivesemos que partir da nada; a Bego, que pasou moitas horas no ordenador aprendéndonos os entresixos do Meiga!!!
Déronse os premios aos gañadores do concurso de mascotas: Alicia obtivo o premio á mellor mascota e a clase de 3º consegui o premio ao mellor nome . Polo tanto xa temos mascota e ...!con nome propio!! "A PESCADORA DE HISTORIAS" que é , nin máis nin menos, que unha ninfa do século XXI baixo un sol verde... que anda á procura de historias fermosas, documentos misteriosos, informacións ben fundadas... A nosa pescadora de historias leva gafas, sombreiro, sobretodo azul prusia, zapatiños apuntados...ta´mén leva un bolso vermello e unha finta para pescar ...semella coqueta, moi coqueta...
O acto continuou coa entrega dos carnés e o empréstimo de libros...!tódolos alumnos levaron un libro!!! ...
Finalmente, decir, que houbo nervios, algunhas lagrimiñas e sorrisos...!moitos sorrisos!!!
Grazas de novo a todo o Equipo da Biblioteca, ao Equipo Directivo e a todo o Claustro!!!!!!

25/10/2008

!AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL!



Hoxe, o día da inauguración da nosa BE, acabámonos de enterar que o Ministerio de Cultura otorgoulle o Premio Nacional de Literatura Infantil ao galego Agustín Fernández Paz coa súa obra "O único que queda é o amor", editada por Xerais e Anaya.Así que nunca esqueceremos este día pola súa singularidade... creo que ademais isto é un bo presaxio...!!!!
Este premio distingue ao mellor libro de literatura infantil publicado ao longo do ano 2007 en calquera das linguas oficiais que se falan en España.
!As nosas máis sinceras noraboas e parabéns!!!!!!!


Agustín Fernández Paz: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008

Agustín Fernández Paz foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 polo seu libro O único que queda é o amor, publicado por Xerais no pasado mes de decembro.

O único que queda é o amor, do que Xerais está preparando a segunda edición, é un fermoso libro de relatos, ilustrado por Pablo Auladell, no que hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.
Este libro de Agustín leva acadado xa os máis importantes premios:
Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 – Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007 – Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008.

23/10/2008

AGRADECEMENTOS

Despois de moitos esforzos, temores e dalgunha risa polo medio, chegou o día tan esperado para todos...así que antes de que a ledicia nos invada os membros da Comisión da Biblioteca queremos deixar patente o noso agradecemento a todas aquelas persoas que nos axudaron a conseguir... ! "UNHA BIBLIOTECA CHEA DE TESOUROS"!

Á DIRECCIÓN DO CENTRO.

Á CONCELLALÍA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE FERROL.

A TODO O PROFESORADO DO CENTRO.

A MARISÉ.

A BEGOÑA E LOLES, DO IES FERNANDO ESQUÍO.

A ANTÓN CORTIZAS, ASESOR DO CFR DE FERROL.

A ROSANA RODILES, DO CEIP DE PAZOS.

AOS NENOS E NENAS DE 3º E 4º.

AO NOSO CONSERXE, ANTONIO.

ÁS PERSOAS QUE LIMPAN O COLEXIO.

GRAZAS A TODOS

UNHAS VISTAS DA NOSA BIBLIOTECA

22/10/2008

ALGUNHAS CITAS SOBRE OS BENEFICIOS DA LECTURA

Mentres ledes estas citas invítovos a escoitar o 3º movemento da Sonata para chelo en mi menor de A. Vivaldi.
!Que disfrutedes coa lectura e tamén coa música!!
"Ben e lealmente deben os mestres amosar os seus saberes aos escolares léndolles libros.
(Afonso X O Sabio . As sete partidas, século XIII).


Ler é buscar outras realidades para comprender mellor esta realidade.(Fabricio Caivano)

Creo que val a pena ler porque os libros ocultan países marabillosos que ignoramos, conteñen experiencias que nunca vivíramos. Un é indudablemete máis rico despois da lectura.
(Adolfo Bioy Casares)


Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san.
(Jacinto Benavente)


Eu son afeccionado a ler ate os papeis rotos das rúas...
(Cervantes)

Ler é engadir un cuarto á casa da vida.
(A. Bioy Casares)

O libro é unha das posibilidades de felicidade que temos os homes.
(J. Luis Borges)

Arquivo do blog