30/11/2017

SEGUIMOS CO MES DA CIENCIA

   O pensamento, a ciencia ou as ciencias, as letras, a filosofía ficaron e ficarán sempre ligadas..., quizais se botásemos unha ollada atrás e tentásemos buscar parecido entre pasado e futuro veriamos moito da metafísica pasada na física actual.

   O pensamento científico avanza, as tecnoloxías mudan, ás veces nas nosas análises esquecemos a moitos homes e mulleres que foron andando o camiño que nos trouxo ata este punto. Por iso traemos esta lectura aquí, recomendada fundamentalmente para os adultos e xoves con inquedanzas científico literarias. Hoxe trátase dun libro de Marcos Calveiro que rescata a través da novela a un personaxe que dedicou a súa vida á ciencia: Domingo Fontán.




Fontán

Marcos Calveiro

IX Premio de Narrativa Breve Repsol 2015
Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, o do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. A peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tempo convulso no que a ciencia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco. Marcos Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato dunha peronalidade extraordinaria. Velaquí unha novela que transmite a mesma paixón polo coñecemento e pola liberdade que move ao seu protagonista.

LECTURAS RECOMENDADAS



Para rapazas,  rapaces e para os maiores da casa que teñan inquedanzas científicas recomendamos a seguinte lectura:

 

Editorial alvarellos

 

¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?

 

[A idade do universo, o seu tamaño, por que se expande...]

Jorge Mira


Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia:  Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.
O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas:
¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo?
¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas?
¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?
¿Cal é a idade do universo?
¿E o seu tamaño?
¿Que quere dicir que o universo se expande?
¿E a que velocidade o fai?
¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?..
Escrito en colaboración con María Canosa e ilustrado por Dani Padrón.

20/11/2017

CORRE CORRE, CABACIÑA (CONTACONTOS)

Unha vez máis as nosas ben queridas mestras en prácticas Alejandra e Fátima deleitáronos cunha das sesións de contacontos. Nesta ocasión trátase de corre corre, cabaciña, un dos contos preferidos polo alumnado de EI.



  

 

 

 

 

 

MOITAS GRAZAS ALEJANDRA E FÁTIMA POLOS MOMENTOS MÁXICOS COS QUE NOS AGASALLADES !!!!!

 


Arquivo do blog