20/12/2017

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

07/12/2017

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO

Como acontece con frecuencia na nosa biblioteca, e por mor da celebración do Mes da Ciencia en Galego,  preparamos unha mesa con algunhas novidades e outros títulos en galego de carácter científico cos que xa contabamos na nosa biblioteca. 

 

Aproveitamos tamén para lanzar desde esta páxina un reto ao noso alumnado...

 "Polo novembro as noites van crecendo" "Despois de Santa Lucía mingua a noite e medra o día" Será certo o que nos conta o refraneiro popular galego -a sabedoría popular raras veces se equivoca- convidamos a investigar sobre o tema porque na clase de ciencias sociais non nos contaron o mesmo. A explicación é sinxela pero teremos que pescudar a resposta.

30/11/2017

SEGUIMOS CO MES DA CIENCIA

   O pensamento, a ciencia ou as ciencias, as letras, a filosofía ficaron e ficarán sempre ligadas..., quizais se botásemos unha ollada atrás e tentásemos buscar parecido entre pasado e futuro veriamos moito da metafísica pasada na física actual.

   O pensamento científico avanza, as tecnoloxías mudan, ás veces nas nosas análises esquecemos a moitos homes e mulleres que foron andando o camiño que nos trouxo ata este punto. Por iso traemos esta lectura aquí, recomendada fundamentalmente para os adultos e xoves con inquedanzas científico literarias. Hoxe trátase dun libro de Marcos Calveiro que rescata a través da novela a un personaxe que dedicou a súa vida á ciencia: Domingo Fontán.




Fontán

Marcos Calveiro

IX Premio de Narrativa Breve Repsol 2015
Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, o do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrado, matemático e topógrafo, que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia. A peripecia dun liberal galego que loitou polo progreso durante un tempo convulso no que a ciencia comezaba a abrirse camiño pouco a pouco. Marcos Calveiro consegue un equilibrio perfecto entre a recreación histórica e o retrato dunha peronalidade extraordinaria. Velaquí unha novela que transmite a mesma paixón polo coñecemento e pola liberdade que move ao seu protagonista.

LECTURAS RECOMENDADAS



Para rapazas,  rapaces e para os maiores da casa que teñan inquedanzas científicas recomendamos a seguinte lectura:

 

Editorial alvarellos

 

¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?

 

[A idade do universo, o seu tamaño, por que se expande...]

Jorge Mira


Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia:  Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.
O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas:
¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo?
¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas?
¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?
¿Cal é a idade do universo?
¿E o seu tamaño?
¿Que quere dicir que o universo se expande?
¿E a que velocidade o fai?
¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?..
Escrito en colaboración con María Canosa e ilustrado por Dani Padrón.

20/11/2017

CORRE CORRE, CABACIÑA (CONTACONTOS)

Unha vez máis as nosas ben queridas mestras en prácticas Alejandra e Fátima deleitáronos cunha das sesións de contacontos. Nesta ocasión trátase de corre corre, cabaciña, un dos contos preferidos polo alumnado de EI.



  

 

 

 

 

 

MOITAS GRAZAS ALEJANDRA E FÁTIMA POLOS MOMENTOS MÁXICOS COS QUE NOS AGASALLADES !!!!!

 


30/10/2017

LIBROS DE MEDO

Se che gustan as historias de pantasmas, bruxas e curuxas, monstros, zombis e demais; pasa pola biblioteca e elixe a que máis che apeteza.

  Ai mamasiña, que medo!!!!!  

 

  

 

17/10/2017

Un groliño de poesía: a interpretación do alumnado

A interpretación do alumnado

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017

 Cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, esta data foi proposta pola "Asociación del Libro Infantil y Juvenil" para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da cultura e da cidadanía.
 
A nosa Biblioteca Escolar súmase todos os anos a esta conmemoración con propostas para todo o alumnado.Este curso imos celebrar este día achegándonos á poesía da man de Gloria Fuertes. Para comezar "A Pescadora de Historias" convídavos a tomar  "Un groliño de poesía" nos corredores da escola









                    

Educación Infantil


       

Tamén podes visitar a biblioteca e coñecer a selección de obras feita pola Pescadora de historias


DESPOIS...

COMEZOU O NOSO TRABALLO NAS AULAS !

XA VEREDES QUE BEN  NOS  QUEDOU...






Por fin chegou o 24 de outubro, xuntámonos  todos e todas no salón de actos e asistimos á representación da obra de teatro  Lobato Lobatín y Caperucita en el jardín de Gloria Fuertes, cantamos e recitamos varias das súas poesías.




22/09/2017

NOVOS FONDOS DE POESÍA


Inicio de curso poético: coa chegada do novo curso escolar a Pescadora de Historias convídavos a gozar da poesía, das rimas, das adiviñas, trabalinguas, etc., con algunhas novidades para todas as idades.

 

 

15/06/2017

APADRIÑAMENTO LECTOR

APADRIÑAMENTO LECTOR ENTRE O ALUMNADO

Este ano levouse a cabo esta actividade entre o alumnado de 5º de primaria e 4 anos. Todos disfrutaron moito lendo e escoitando como se pode apreciar nas fotografías.


















05/06/2017

08/05/2017

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Celebramos este día coas seguintes actividades: 

  • Fátima e Alejandra, profesoras en prácticas durante o primeiro trimestre, representaron para os máis pequenos o conto de "Pulgarcito".
  • O alumnado de 5º e 6º representaron a  obra de teatro "No corazón do bosque"  que dirixiu e adaptou Mercedes, a nosa profesora de Música. 
  • Todos os cursos e niveis participaron nun concurso arredor da figura de Agustín Fernández Paz. Os premios entregáronse este día. 
  • A Pescadora de Historias mercou un montón de cómics que xa están expostos na biblioteca e agardando a que os levemos. 








Grazas a Fátima e Alejandra pola vosa colaboración desinteresada

20/04/2017

MÁIS NOVIDADES

Chegaron moitas novidades á nosa biblioteca. 


Como podedes apreciar hai moitos de ecoloxía, xardinería e experimentos que seguro que vos van dar ideas fantásticas para levar a cabo proxectos fabulosos. 
Qué gocedes moito con eles!


XOGOS PARA O DÍA DO LIBRO


Este ano adicamos esta festa ao noso benquerido Agustín Fernández Paz. 




Como sempre, preparamos xogos para animar a tódolos nenos e nenas a coñecer a súa vida e a súa obra.


 



Esta foi a carta que nos deixou a Pescadora. 







MOITA SORTE A TODOS E TODAS!


Aquí desvelamos a sorpresa do venres día 21 para o alumnado de EI: "Contacontos na Biblioteca" a cargo de Fátima e Alejandra que nos sorprenderon co conto de "Garbancito". 



Á semana seguinte o alumnado de EP asistiu á representación teatral da obra "No corazón do bosque" adaptada por Mercedes Canto.





03/03/2017

NOVIDADES


Chegaron novos títulos para os lectores autónomos.
Felices lecturas!

31/01/2017

LETRAS GALEGAS 2017

CARLOS CASARES

Carlos Casares

30/01/2017

DÍA DA PAZ














Unha selección de lecturas para cada aula e un acto colectivo para celebrar este día. 

DÍA DA PAZ

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
30 de xaneiro

18/01/2017

CÓMICS PARA OS PRIMEIROS LECTORES


Estreamos unha sección de cómics para primeiros lectores. Felices comiclecturas!




BIBLIOGRAFÍA PARA O PROXECTO FERROL






Libros para levar a cabo o proxecto Ferrol. Estarán expostos nesta mesa durante todo o tempo que dure. 
ÁNIMO  E A TRABALLAR!





11/01/2017

Arquivo do blog