29/09/2011
Disculpas
Traballando esta tarde no blog, por un erro, borrei o apartado "Recursos para traballar as diferentes áreas". Erro que, unha vez cometido, é imposible de subsanar. Polo que pido disculpas e espero que, nun tempo curto, esta entrada volva a recuperar os seus enlaces.
15/09/2011
Maria Dolores, nunca te esqueceremos.
Comezamos o curso con tristeza.
Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto! Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.
Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Arquivo do blog
ETIQUETAS
actividades
(24)
actividades biblioteca
(137)
animacións
(15)
arte
(10)
artigos bolsas de tesouros
(14)
autoras e autores
(32)
Bibliotecas
(23)
ciencia
(32)
cine
(7)
club de lectura
(21)
día da Paz
(3)
día de Rosalía
(6)
divulgación
(17)
educación infantil
(29)
ENQUISAS
(1)
Guías da biblioteca
(6)
historia
(12)
igualdade
(16)
ilustradores
(7)
Lectores autónomos
(21)
lecturas recomendadas
(78)
letras galegas
(17)
lingua e literatura
(45)
matemáticas
(2)
música
(15)
novidades
(26)
novidades biblioteca
(12)
personaxes
(7)
pescadora de historias
(6)
prelectores
(21)
primeiro e segundo
(30)
primeiros lectores
(19)
produción propia
(13)
proxectos
(22)
quinto e sexto
(41)
RADIO
(1)
revista escolar
(9)
terceiro e cuarto
(27)
tradición
(13)
valores
(19)
xogos
(15)