20/12/2010

Cambiando os paradigmas



Interesante vídeo de Sir Ken Robinson, experto no desenvolvemento da creatividade, da conferencia "Changing Paradigms" onde explica as razóns polas que os sistemas educativos precisan dun cambio radical.

18/12/2010

EXPOSICIÓN DE NADAL: "HISTORIA DO LIBRO E DA ESCRITURA"

06/11/2010

Máis cambios ortográficos NON, por favor!

Durantes estes últimos días a prensa anuncia cambios ortográficos (ainda non nos dera tempo a recuperármonos dos últimos cambios da nosa ortografía! )  e póñome a tremer.
A "Real Academia de la Lengua "  considera que " estaba obligada a hacer una introducción científica, razonada y reflexiva de la Ortografía"  , así afirma  Salvador Gutiérrez Ordóñez, o  coordinador da obra.
SIN COMENTARIOS .
Interesante o artigo de Tomás García Yebra

Se queres facer un caleidoscopio preme o enderezo e no portal de CHICOSNET atoparás as instrucións para facelo .
Nota: A imaxe desta entrada é propiedade do portal "Chicosnet"

03/11/2010

Rousseau no Guggenheim

Exposición de  Henri Rousseau  no Guggenheim http://www.rtve.es/alacarta/#910073

11/05/2010

NOSTALXIA!!

Hoxe, na clase de sexto decíanme que non atopaban o vídeo da inauguración da biblioteca... así que a eles vai adicado.
Outra vez, o noso agradecemento á profe Dolores Sánchez do IES Sofía Casanova e a os cantores do seu coro por estes momentos.
Bicos

21/04/2010

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Unha webquest que nos levará a descubrir por que se celebra este día. Anímate!!. (Recomendada para o 2º e 3º ciclo de educación primaria)
Preme aquí

14/02/2010

Un Entroido verde, respectuoso co medio!

O noso cole acordou a prohibición de empregar plásticos na confección de disfraces, co fin de ser consecuentes co que ensinamos, e protexer o medio. Estes foron os resultados!

12/02/2010

Dous clubes de lectura no cole!!

Estamos moi contentos porque acaban de constituirse dous clubes de lectura, un no 2º ciclo e outro no 3º!
Os do 3º ciclo escolleron "Robinson Crusoe" para abrir boca. Os de 4º van comenzar con "Contos en verso para nenos perversos" . Este clube xa ten nome: "Os Roaldahliños" porque son unhos apaixoados da obra de Roald Dahl.

30/01/2010

Arquivo do blog