22/12/2009

Felicitación para os nosos maiores

O noso colexio colabora sempre coas institucións do barrio de Esteiro de Ferrol. Unha destas colaboracións consiste en visitar aos nosos maiores, da Residencia Abrente, e levarlles a nosa felicitación de nadal que consiste, nin máis nin menos, en ofrecerlles a nosa ledicia e o noso cariño.
Este ano tocoulle ao alumnado do segundo ciclo de primaria. Os de 3º levaron un baile precioso, e os de 4º a obra de teatro que se representará mañá no colexio. Tamén lles regalamos dúas tarxetas de nadal para colgar ná árbore que preside o seu salón de actos.
Foi unha mañá deliciosa, sobre todo, porque os nenos e nenas estaban aprendendo unha fermosa lección de solidariedade... e esta vez a lección non estaba nin nunha foto, nin nun papel... era real!
Os nosos cariños a todas as personas que alí estaban e un bico moi especial ao persoal de Abrente pola súa amabilidade.

16/12/2009

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL


ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES UN MONTÓN CON TODAS ESTAS LECTURAS!

13/12/2009

SOnCine PRESENTA A SÚA PRIMEIRA CURTAMETRAXE.

SonCine é un colectivo de alumnos e alumnas do IES Porto do Son que acaban de lanzar a súa primeira curtametraxe. Increíble !!!, non hai palabras porque os resultados falan por sí solos!!!
Tedes que velo todos e todas e animalos para que sigan facendo cousas tan bonitas. Noraboa, por suposto ao seu profesor de audiovisuais,David , principal artífice desta marabilla.
Moitos bicos a todos!!!

Alberto Iglesias premiado pola Academia Europea de Cine!

Alberto Iglesias recibiu o premio da Academia Europea de Cine pola música que compuxo para a película de Almodóvar, "Los abrazos rotos".
O noso cinema está de noraboa!!

10/12/2009

UNHAS PANXOLIÑAS PARA O NADAL...

USA for África (Unión de Apoio de Artistas para África), foi o nome baixo o que corenta e cinco coñecidos artistas liderados por Harry Belafonte, Stevie Wonder, Michael Jackson e Lionel Richie se reunieron para gravar o single "We Are the World" en 1985. A canción acadou rapidamente o posto número un no ranking de Estados Unidos e Reino Unido, así como en moitos outros países do mundo.
As considerables ganancias desta fundación foron destinadas ao tratamento da hambruna e das enfermidades en África.
Madonna, Prince e Liza Minelli rexeitaron a invitación para participar.

02/12/2009

Don José Emilio Pacheco. Premio Cervantes 2009


 (Información na sección : Sobre libros, premios e novidades)

24/11/2009

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



NIÑA (Pedro Guerra)
Quizá te busquen
porque naciste,
quizá te midan por mujer,
quizá te acosen
porque creciste,
quizá te odien por mujer,

pero no dejes
de ser la niña
que abraza
todo lo que hay en si,
pero no dejes de ver el mundo
como un espacio por compartir.

Quizá te insulten,
quizá no nazcas,
quizá te anulen por mujer,

quizá no llegues
a ser tú misma,
quizá te empujen por mujer,

pero no dejes
de ser la niña
que abraza
todo lo que hay en si,
pero no dejes de ver el mundo
como un espacio por compartir.

21/11/2009

Unha historia de amor.

Animación en papel de Helena Klintsevich

aboutLOVE from HELENA KLINTSEVICH on Vimeo.

20/11/2009

UN DÍA PARA A REFLEXIÓN


Hoxe, desgraciadamente, non é un día de celebracións no noso colexio, senón de reflexión sobre o que está a suceder no mundo da infancia...
Que pasa cos gobernos que non poñen fin a todas estas inxustizas...!
Quen ten, realmente, o poder...!
Que pasa con nós que miramos calados, ante tanta desgraza, e non nos levantamos e berramos !BASTA XA!, si somos tantos millóns...
Por que non somos capaces de levar a cabo accións colectivas para deter estas inxustizas...si somos tantos...
Que queda da nosa conciencia crítica, da nosa dignidade...!

15/11/2009

UN MOLESKINE DE JUAN BERRIO


Quen se atreverá agora a facer o seu moleskine???. Seguro que moitos!!!!

Un Moleskine é un caderno de notas con cubertas dun tipo de tea chamada moleskin, posúe ademais unha banda elástica para soster o caderno pechado e un lomo que permite abrilo completamente.
O impulsor máis famoso do Moleskine foi Bruce Chatwin, que o utilizou en todas as súas viaxes.
A pesar de que desde Modo & Modo ( a fábrica italiana que fabrica os moleskines e que posúe a "marca rexistrada Moleskine") proclama que Picasso, Matisse, e Hemingway utilizaban estes cadernos, non queda claro que se trate dos mesmos . O que sí está constatado é que estes famosos artistas utilizaban algún tipo de caderno de notas de bolsillo.

(Información sacada da Wikipedia)

14/11/2009

A GRAN ORQUESTRA DOS ANIMAIS


Daniel Monedero e Óscar T. Pérez compuxeron este maravilloso álbum que publicou a Editorial Thule.

07/11/2009

ARGINE . Unha cortametraxe estática en tres dimensións

 

 

Unha tenra historia de Julia Simeón, contada fotograma a fotograma e arroupada pola música de Pauline Meguerditchian e a propia Julia.


Argine from jujube on Vimeo.

01/11/2009

REFRÁNS PARA O OUTONO



NOTA
Corrección de erros: na páxina 11 onde di " votar as patacas", debería dicir "botar as patacas"

25/10/2009

Ideas para desenvolver os procesos de redacción. Cassanny

As xornadas sempre saben a pouco pero deixan un pouso sustancioso. Hoxe,bruxuleando pola páxina de Bibliotecas Escolares, accedín á páxina de Daniel Cassany que non ten desperdicio.
Para facer boca , poño este link sobre a escrita .
Preme en Cassany e logo vai a Documentos donde atoparás, entre outros, este que leva por título : "Ideas para desarrollar los procesos de redacción"
CASSANNY

04/10/2009

RECURSOS PARA TRABALLAR A VISITA A "MARCELLE NATUREZA"

RECURSOS

Imaxes dos animais do parque

PREME AQUÏ e poderás ver moitas máis fotos de mamíferos na páxina de Sir David Attenborough

18/05/2009

13/05/2009

Ramón Piñeiro

(Premios Sociedade Información 08: Modalidades B: Vídeos educativos)

10/05/2009

02/05/2009

DÍA DO LIBRO


O día do libro foi un día grande para nós por moitos motivos: o Concello invitounos a abrir a maratón de lectura que se levou a cabo no salón de actos de Caixa Galicia; colocamos na entrada do noso cole unha "Pescadora de Historias" de casi dous metros de altura;inauguramos unha exposición de libros curiosos para nenos, nenas e adultos; recibimos un agasallo da Pescadora de Historias, nada menos que unha tarta de libros!; impuxémoslles as medallas aos axudantes da biblioteca...
En canto á exposición de libros había un pouco de todo: un facsímil do Quixote publicado en Barcelona no ano 1876 e ilustrado por Doré e Aurelio Teno; contos rusos e ucranianos; un libro do Museo do Prado con toda a colección existente, obras expostas e obras que están almacenadas; o número 1 do ano 1933 da Revista da Residencia de Estudiantes; un conto de Aldous Huxley para nenos e nenas; un fácsimil do conto que escribíu e ilustrou Tolkien para os seus fillos;un libro de fotografías dos anos 50 da fotógrafa Inge Morath que traballou para a axencia Magnum; o primeiro cómic en galego, "Xofre", donde se estrenaban ilustradores como Miguelanxo Prado, Xan López Domínguez, Fan Jaraba e outros; un libro de imáxenes insólitas da Terra tomadas dende un globo aerostático; un precioso libro da obra completa, pictórica e gráfica, de Leonardo da Vinci;varias revistas e volumes da nosa cidade, Ferrol...
Aquí van unhas cuantas imaxes que ilustran estes eventos.

02/04/2009

25/03/2009

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO


Feliz día a tódolos actores e actrices que, día a día, deixan a pel no escenario!. Unha lembranza agarimosa para os nosos dramaturgos, e un bico moi especial para os galegos!
A Pescadora de Historias

18/03/2009

08/03/2009

DÚAS GRANDES PINTORAS ITALIANAS...DAS QUE NUNCA SE FALABA NOS LIBROS DE HISTORIA DA ARTE



Para máis información premede nos nomes das pintoras.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: MANIFESTO

Arquivo do blog